Himno nacional de Mongolia

Монгол улсын төрийн дуулал
Mongol ulsyn töriin duulal
En galego: Himno nacional de Mongolia
Himno de Mongolia
LetraTsendiin Damdinsüren
MúsicaBilegiin Damdinsüren / Luvsanjambyn Mördorj
Adoptado1950

O Himno nacional de Mongolia foi creado en 1950. A música é unha composición de Bilegiin Damdinsüren (1919 - 1991) e Luvsanjambyn Mördorj (1919 - 1996), e a letra foi escrita por Tsendiin Damdinsüren (1908 - 1988).

Durante o século XX, Mongolia tivo numerosos himnos. O primeiro foi usado entre 1924 e 1950. O segundo entre 1950 e 1962, e o terceiro entre 1961 e 1991. Dende 1991, o de 1950 foi empregado outra vez, pero o segundo verso (que aludía a Lenin, Stalin, Sükhbaatar e Choibalsan) foi eliminado. O 6 de xullo de 2006, a letra foi revisada polo Parlamento Mongol para conmemorar a Xenxis Kan.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search